lunes, 26 de noviembre de 2012

Que é TRALARÁ??


TRALARÁ é un espazo no que nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán realizar diferentes actividades educativas e de ocio nun entorno seguro durante todo o ano.

Contamos cunha programación que inclúe unha ampla oferta de actividades para ocupar o ocio e o tempo libre dos nenos e nenas.

Os nosos obxetivos son proporcionar a posiblidade de conciliar a vida familiar e laboral dos nenos e nenas con pais traballadores, crear un espazo no que os participantes poidan coñecer e relacionarse, ser un vehículo de formación lúdica e fomentar os valores de convivencia, tolerancia, solidariedade, participación e aprendizaxe.



  • PROGRAMA DE ACTIVIDADES

En TRALARÁ poderán realizar actividades de todo tipo:

  • ACTIVIDADES LÚDICAS: enfocadas a potenciar a participación activa dos nenos e nenas. Levamos a cabo dinámicas de grupo, xogos musicais, obradoiros específicos (artes escénicas, pequenos artistas, palabras e papeis, coas mans na masa, a hora máxia...), xincanas, contacontos, sesións de cine, xogos interactivos...

  • ACTIVIDADES EDUCATIVAS E REFORZO EDUCATIVO actividades nas que traballaremos diferentes materias dun xeito lúdico (idiomas, xeografía, lóxica matemática...).  Ademáis de traballar os contidos aprendidos durante o curso escolar, os nenos e nenas que participen nas nosas actividades traballarán tamén actividades transversais como son: educación para a saúde, habilidades sociais, educación ambiental e coeducación en igualdade.

  • ACTIVIDADES DEPORTIVAS: o deporte é algo moi importante nestas idades, polo que diariamente realizaremos actividades como poden ser música e movemento, xincanas deportivas, roteiros pola natureza, actividades de fomento da psicomotricidade...

  • OBRADOIROS: puntualmente realizamos festas temáticas como poden ser a celebración de cumpreanos dos nosos usuarios, festa das culturas, xornadas temáticas...

  • OUTRAS ACTIVIDADES: tamén levamos a cabo actividades específicas por temáticas semanais: A volta ao mundo en 5 días, A semana das artes, Semana intercultural...

No hay comentarios:

Publicar un comentario